O PP acusa ao alcalde de Pol de deixar aos veciños sen piscina

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Denuncia a "falta de traballo e preocupación" de Lino Rodríguez
obras-piscina-de-pol
Obras na piscina de Pol
16 Xul 2024

Hai poucos días que o Partido Popular de Pol denunciaba que o alcalde aínda non abrira as piscinas municipais e que o único que se sabía era unha publicación na web e nas redes sociais municipais alertando de que estarían pechadas ata novo aviso.

Ante esta situación, dende o PP de Pol preguntouse no pleno pola previsión de apertura desta instalación e as respostas dadas polo alcalde fan presaxiar que abrirán en agosto, no mellor dos casos.

"Unha situación na que os máis prexudicados son os nenos e nenas do concello que queren aproveitar o verán para xogar na piscina xa que se trata dunha das épocas do ano máis agardadas. Non podemos entender como o goberno municipal, sendo consciente disto, non se preocupou en ningún momento por ter as instalacións en perfectas condicións e listas para abrir o 1 de xullo, como é habitual", lamentou Nicole Grueira.

Recalcou que "esta falta de traballo e preocupación deixa aos nenos e aos máis maiores sen piscina durante a maior parte do verán. Isto obriga a que os que poden se trasladen aos concellos veciños, mentres que os que non teñen os medios para facelo teñen que pasar o verán sen poder desfrutar da piscina debido á mala xestión municipal".

0.1539421081543