O PP acusa ao Concello de Lugo de acumular impagos dun piso da súa propiedade
O PP no Concello de Lugo recriminou ao Goberno local presuntos impagos de recibos relativos a un piso de propiedade municipal.
Segundo os datos do Grupo Popular, o Concello de Lugo adebeda recibos da comunidade, unha cuota de obras nuns garaxes e ata unha derrama de obras no edificio. O impago ascende, presuntamente, a 5.100 euros.
No relatario da relación de recibos pendentes, segundo os populares, está ao abono que lle correspondía ao concello da comunidade de 50 euros que non se pagou dous meses de 2020, todo o ano 2021 e ata maio de 2022. Tamén deixou de pagar 3.152,98€ dunha cuota de obras e 852,66 euros por reparacións nos garaxes, asegura o PP.
A edil popular Mar Carballas anunciou hoxe que pedirá ao Goberno os motivos polos que non paga a totalidade do que lle corresponde xa que, considera “inaceptable que unha comunidade de veciños teña dificultades para afrontar os seus gastos con garantías a causa dos impagos do concello. “Logo
presumen de pagar ao día pero a realidade que viven os veciños de Lugo é outra ben distinta”.