O PP acusa do Goberno de Lugo de perder unha subvención para Atención Temperá

LugoXa
O PP denuncia que o goberno local pode perder unha subvención da Xunta para unha Unidade de Atención Temperá por retrasos.
nenos atencion tempera
22 Out 2021

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, denuncia que o goberno local está a piques de perder unha subvención da Xunta de Galicia, que sufraga ata o 90% do custe para poñer en marcha unha Unidade de Atención Temperá, e todo debido “á falta de rigor e de traballo” da que cada día fan gala os concelleiros do equipo de goberno.

Para Cristina Abades estamos ante “unha situación moi grave” xa que esta Unidade de Atención Temperá “ten como obxecto a prestación de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social” polo que “a desidia” da que está a facer gala o goberno local “non é de recibo”.

Recorda a concelleira popular que o período máximo subvencionable abranguerá desde el 1 de novembro de 2020 e ata o 31 de outubro de 2021 e os gastos imputables serán os directos de persoal e outros gastos directos e indirectos realizados naquel e que fosen efectivamente pagados a data limite de xustificación, ata un máximo do 90%.

Cristina Abades sinala que xa no pleno de febreiro de 2020 se instou ao goberno local a poñer en marcha esta unidade e, desde entón, a escusa sempre foi a mesma “que seguen estudiando” a súa posta en marcha, “polo que menudos estudiantes están feitos”.

A realidade é que o Concello de Lugo está a piques de perder esta subvención para un servizo moi necesario e que ademais quixeron externalizar desde o primeiro minuto.

“Trátase dun servizo fundamental para os nenos, xa que hai bastantes familias que poden necesitar este servizo e o goberno local deixou pasar o tren escudándose en que seguen estudiando despois de case dous anos”, lamentou a popular.

PLAN DE IGUALDADE

Os populares tamén lamentaron “o pasotismo” do goberno local na defensa das mulleres e a loita contra a violencia de xénero xa que nin coa chegada de Silvia Alonso á concellería se avanzou neste eido, mantendo estancados o IV Plan de Igualdade e a adhesión á Rede Galega contra a Violencia de Xénero e ao Vioxén.

Desde 2017 o Grupo Municipal do PP acadou unanimidades no pleno en torno a estes temas, pero é lamentable que Silvia Alonso unicamente so quere o seu cargo, en lugar de aceptar o traballo que leva consigo para mellorar a situación de todas aquelas mulleres que hai no concello en situación de perigo.

Os populares lamentan que Silvia Alonso xa tomara nota das escusas dos seus predecesores e “tirando do manual do PSOE” use as mesmas vías de escape: como que non se formou aínda aos axentes de policía ou que a covid paralizou calquera tipo de avance.

0.20163893699646