O PP alerta da privatización de Inspección de Tributos en Lugo

LugoXa
Cren que esa é a intención do goberno local porque o departamento pasou de 6 a 2 traballadores desde o pasado decembro
edificio administrativo concello lugo
1 Feb 2021

O Partido Popular alerta de que o Concello de Lugo "desmantelou" o departamento de Inspección de Tributos, pasándoo de 6 a 2 traballadores desde decembro, e achácano á intención de "privatizar" o servizo.

O voceiro dos populares no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegura que esa decisión se plasma nos propios orzamentos municipais xa que "mentras que nos orzamentos de 2020 figuraba un epígrafe sobre xestión do sistema tributario por un importe de 1.385.137,18 € para traballos realizados por empresas, no ano 2021 aparece este mesmo epígrafe cunha contía de 1.396.896 € e, a maiores, resérvase outra partida de 405.000 € para traballos realizados por empresas en materia de tributos”.

Ameijide engade que "esta manobra é vox populi na casa", asegurando que "a propia concelleira de gobernanza recoñeceu a traballadores municipais esta trama encamiñada a privatizar outro servizo público máis".

O Partido Popular amosa a súa disconformidade ante a suposta privatización deste servizo, "no que traballadores de empresas privadas teñen acceso a datos de cidadáns ao traballar con información municipal". Estiman que se trata de información "moi sensible" que debería estar unicamente en mans de traballadores públicos.

Para os populares, a privatización de Inspección de tributos é unha práctica "máis que cuestionable" e, de feito, lembran que hai sentenzas no País Vasco que fallan en contra de esta práctica por considerar que “é disconforme a dereito”. Doutra banda, negan argumentos como que o traballo da firma privada sexa un labor que esta vaia a acometer “en colaboración co persoal municipal cando implique exercicio de autoridade”, tal que como require a inspección tributaria, pois tal condición só é atribuible “aos funcionarios que desempeñan o traballo de inspectores”.

Outro dos argumentos que, din, manexa a sentenza do Tribunal Superior de Justicia Vasco é o artigo 9 do Estatuto Básico do Empregado Público que di “el ejercicio de las funciones que impliquen la participación directa o indirecta en el ejercicio de las potestades públicas o en la salvaguardia de los intereses generales del Estado y de las Administraciones Públicas corresponden exclusivamente a los funcionarios públicos, en los términos que en la ley de desarrollo de cada Administración Pública se establezca”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17222690582275