O PP alerta do estado do colexio da Ponte

LugoXa
Unha gran porcentaxe do patio do Colexio da Ponte está inundado “e hai piscinas por toda a chaira o que impide que se utilicen os bambáns e que a cativada poida xogar neste espazo”.
patio asolagado colexio a ponte lugo
1 Nov 2023

Unha gran porcentaxe do patio do Colexio da Ponte está inundado “e hai piscinas por toda a chaira o que impide que se utilicen os bambáns e que a cativada poida xogar neste espazo”.

O edil do PP encargado da área de educación, Javier Vázquez, indicou que “aínda non empezaron as chuvieiras fortes desta tempada e este é o estado no que nos atopamos nalgúns centros educativos da cidade” engadindo que “a falta de mantemento que é unha obriga do goberno local é a orixe de moitos dos problemas do día a día dos centros educativos”.

Os populares tamén alertan de que hai pingueiras na aula de usos múltiples deste centro educativo e esixen “o arranxo inmediato” criticando que o goberno local “non fixeran en verán as obras necesarias para ter en perfecto estado de revista o centro para este curso escolar”. Vázquez engadiu que “non poden alegar descoñecemento xa que estaban advertidos dende o Grupo Municipal destas problemáticas".

patio asolagado colexio a ponte lugo2
0.098134994506836