O PP alerta do mal estado da rede viaria que comunica as 54 parroquias de Lugo

LugoXa
O PP denuncia o mal estado da rede viaria que comunica as 54 parroquias de Lugo.
Pías
8 Abr 2024

O PP denuncia o mal estado da rede viaria que comunica as 54 parroquias de Lugo. A popular Flor Rubinos explica que hai tramos das pistas que desapareceron ocultas pola maleza, outras están intransitables con fochancas de máis de vinte centímetros de profundidade por falta de mantemento como a pista San Xoán Docampo ou en Santa Marta de Fixós. Asegura que noutros casos, como na pista de Fonte do Mouro de Esperante, o mal estado da pista provocou mesmo unha avaría no autobús urbano.

Rubinos anuncia que preguntará en comisión “quen está facendo o seguimento para que se repoña o deterioro que sofren as pistas polo paso da maquinaria pesada logo de recoller protestas da veciñanza pola aparente ausencia dunha persoa encargada deste control”. Dende o PP tamén piden un maior control por parte do goberno local das pistas que se utilizaron para a saca de madeira para que queden no mesmo estado de limpeza e conservación que cando se iniciaron os traballos”.

A edil do PP lembra que o Goberno local “ten a responsabilidade de facer cumprir a ordenanza que obriga ás empresas a repoñer o deterioro das pistas consecuencia do paso da maquinaria”. Flor Rubinos insiste en que “é preciso que o Goberno local cambie a forma de traballar, e que se planifiquen as reparacións dos firmes para que non se fagan só cando chama o pedáneo de turno”.

0.11736392974854