O PP analiza os informes sobre a xestión de contratos prorrogados en Lugo

LugoXa
O máis relevante é a advertencia dos servizos municipais de que estas accións ou omisións teñen efectos de asunción de responsabilidades
PP-Lugo-rolda-de-prensa
26 Nov 2025

O Grupo Municipal do PP en Lugo analiza os 10 informes que se darán a coñecer no pleno, prestando especial atención ao relativo ao control financeiro dos contratos prorrogados tácitamente unha vez esgotado o seu prazo convencional de duración durante o ano 2024.

Os servizos municipais que fiscalizan a acción do goberno no concello advirten sobre a deriva na que se atopa a xestión e lembran as responsabilidades civís e penais por reincidencia nas constantes irregularidades. O informe constata a falta de colaboración con intervención e subliña que é un deber; cando isto non ocorre, e o titular da área debe adoptar as medidas correctoras oportunas, confirmando que, tras múltiples reparos, existe unha falta de interese en subsanar esta situación.

En segundo lugar, detectáronse prestacións pendentes de anos anteriores, como 2012, 2018 e 2019, sen que se realizasen trámites para corrixir esta situación, especialmente en servizos como medio ambiente, infraestruturas ou informática.

O informe lembra tamén os principios que regulan a contratación pública: liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia nos procedementos, non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores, co obxectivo de garantir estabilidade orzamentaria, control do gasto, integridade e eficiente xestión dos fondos públicos. Primeiro debe definirse a necesidade e despois procurar a solución máis vantaxosa mediante procedementos de libre concorrencia.

O incumprimento destes principios afecta a situación económica do Concello, xa que moitos contratos caducados recollen custos determinados pola empresa sen que outros licitadores poidan acceder a eles e axustar prezos. Ademais, o informe alerta de que todas estas facturas son obxecto de disconformidade, formulándose reparo especialmente por omisións nos expedientes ou trámites esenciais. Ata agora constan numerosos decretos de resolución de discrepancias sen constancia de actuacións para resolver esta problemática.

O máis relevante é a advertencia dos servizos municipais de que estas accións ou omisións teñen efectos de asunción de responsabilidades. Segundo a disposición adicional 28 da LCSP, existe responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas por danos causados a particulares ou á propia administración, e, no caso do persoal, pode dar lugar a responsabilidade disciplinaria. Ademais, o artigo 78.1 da LRBRL lembra que os membros das corporacións locais están suxeitos a responsabilidade civil e penal.

⚙ Configurar cookies
0.090065002441406