O PP analizou os datos que se abordaron na Comisión de Contas, ademais doutros asuntos

LugoXa
Por outra banda, desde o PP din estar "indignados" porque o Goberno local non dá prazo para adherirse a VIOGEN
Comisión-de-Contas-Concello-de-Lugo-pp
25 Oct 2024

A voceira popular no Concello de Lugo, Elena Candia analizou os datos que se abordaron na Comisión de Contas e que reforzan que “o Goberno local ten que facer un esforzo en xestionar mellor e non trasladar aos lucenses as consecuencias da súa mala xestión cunha suba de impostos da que estamos en contra”, sostivo.

Esta afirmación está avalada polo infome do interventor que se presentou na Comisión de Contas e no que se indica que “se sobrepasaron as previsións orzamentarias en determinadas áreas ou materias neste momento do ano, o que debería merecer unha reflexión máis profunda por parte dos xestores antes de propoñelas”.

A popular explicaba como “este ano xa nos sorprenderon cun pago de 1.5 millón de euros dunha factura a Urbaser que non tiñan orzamentada e agora nos atopamos cunha débeda do cánon de control de vertidos da Confederación Hidrográfica Miño Sil do ano 2021 de 375.253,33 euros e descubrimos que ainda teñen sen pagar 360.575 euros do ano 2020. A esas contías haberá que sumar outro tanto correspondente aos exercicios de 2022 e 2023.

Ademais, presentan outras dúas facturas que non tiñan previstas, e que aboarán a costa do crédito que contraeron “unha de 116.000 euros para pagar á empresa que construíu o carril bici que nos custou 1.2 millón de euros e cuxa acta de recepción foi o 26 de xullo do ano 2022; e outra de 144.000 euros para o paso soterrado do barrio da Ponte”, explica Candia.

"Estamos falando de diñeiro que podería destinarse a investimentos para reforzar instalacións deportivas, mantemento de pistas, ou melloras no saneamento, entre outras cuestións", critica.

A popular tamén recriminou a falta de sensibilidade co tecido asociativo de Lugo, "xa que estamos en novembro e o goberno local vese obrigado a sacar un suplemento de crédito para pagar parte do importe comprometido para as subvencións nominativas de cultura de 120.000 euros, deportes de 260.000 euros, e servizos sociais de 277.500 euros".

OUTROS ASUNTOS

Os populares tamén denunciaron que, tras reiterar a petición de que se elimine a valla perimetral do auditorio de Magoi, "o PSOE e BNG volven a contestar de forma ambigüa sen dar un prazo da súa retirada e condicionando esta actuación á inauguración do edificio. Recoñecen que se pode facer pero siguen privando á veciñanza non só do disfrute do interior desta dotación cultural senón tamén do exterior".

Por outra banda, desde o PP din estar "indignados" porque o Goberno local non dá prazo para adherirse a VIOGEN. "A excusa é que “os policías locais aínda que teñen a formación necesaria, ata que se asine o convenio co Ministerio, non recibirán a formación específica”, argumetan.

Con respecto á adhesión do Concello de Lugo á Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, desde o PP denuncian que "se nos responde que “non tiveron tempo todavía a poñerse con eso” engadindo que “o estudiará cos técnicos e que en canto sexa viable o farán”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18116903305054