O PP de Lugo asegura que o 40 % dos stands da Gastroarte quedarán libres na vindeira edición

LugoXa
Case o 40 % dos stands da feira de artesanía e gastronomía do San Froilán poderían quedar baleiros según o PP de Lugo que pide ao Goberno local revitalizar Gastroarte
concello-de-lugo
13 Aug 2024

Case o 40 % dos stands da feira de artesanía e gastronomía do San Froilán poderían quedar baleiros según o PP de Lugo que pide ao Goberno local revitalizar Gastroarte e desvela que “só se presentaron 2 emprendedores para 12 postos vacantes”.

A concelleira popular Mar Carballas indicou que este evento vai cada vez a menos.  A popular explica “os 32 postos que se licitaron para os anos 2022 e 2023 tiñan posibilidade de prórroga pero solo a solicitaron 20. Neste ano 2024, dos 12 que quedaron libres, só se interesaron 2 emprendedores”.

Está claro que as expectativas do goberno local de recuperar con Gastroarte o ambiente da feira tradicional dificilmente se poderá cumprir se quedan moitos stands baleiros achacando esta situación “á falta de planificación e de ganas, por parte do goberno local, por presentar este evento como algo atractivo para animar a artesáns e produtores de alimentos autóctonos a participar”. Dado que falta un mes e 22 días para o San Froilán queren saber que medidas van a propoñer para consolidar esta cita coa artesanía e a gastronomía e se van a sacar a concurso os dez espazos que quedaron sen ocupar.

0.16849899291992