O PP asesorará no proceso de reclamación do imposto de rodaxe en vehículos agrícolas
O Partido Popular asesorará a propietarios de vehículos agrícolas a reclamar a devolución da rodaxe cobrada.
O goberno local vén de anunciar que “devolverá a rodaxe cobrada aos propietarios de vehículos agrícolas” e co ánimo de facilitar esta tramitación o Partido Popular anuncia que porá a disposición dos afectados un documento tipo para reclamar a súa devolución.
A concelleira Flora Rubinos afirma que “é un despropósito que o goberno local aplique unha tramitación diferente á que facía ata o de agora con este imposto aos donos de tractores, remolques e semirremolques e maquinaria con Cartilla de Inspección e que, diante das súas queixas, agora asegure que devolverá os importes a quen o solicite”.
A popular explicou que “a exención da rodaxe a tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de la Cartilla de Inspección Agrícola se recolle no artígo 4º, apartado 1.7 da Ordenanza Municipal Nº 200”.
Tras coñecer que houbo unha nova forma de aplicar a normativa municipal xa que “ata o de agora a exención se aplicaba de oficio” dende o Partido Popular coa intención de apoiar a todos os afectados bríndase a axudar a facer as reclamacións oportunas e tamén a facilitar información para que non se repita nos próximos anos este cobro indebido.
Para calquera consulta os interesados poden achegarse ata ás oficinas do Grupo Municipal na Casa do Concello ou no teléfono de atención cidadá gratuíto 618 626 902.