O PP coincide con Lugo Madeira en que “a prohibición non debe ser a forma de traballar” no sector forestal

LugoXa
Elena Candia compartiu cos directivos de Asociación Provincial da Madeira que “a mellor maneira de ter o monte coidado, de loitar contra o abandono é de que poidamos ter un retorno económico é organizar a terra e os recursos que temos”.
reunion_pp_lugo_madeira
15 Feb 2024

Elena Candia compartiu cos directivos de Asociación Provincial da Madeira que “a mellor maneira de ter o monte coidado, de loitar contra o abandono é de que poidamos ter un retorno económico é organizar a terra e os recursos que temos”. A candidata do PP puntualizou que o seu grupo político leva tempo puntualizando que “blindando esta programación que está recollida Lei de recuperación de terra agraria de Galicia”.

Neste contexto no que se considera que o consenso é a base para avanzar nunha planificación forestal a candidata do PP incidiu en que “a prohibición non debe ser a forma de traballar”, afondando no futuro que lle agarda ao sector se o BNG entra no goberno xa que prohibirá, tal e como recolle o seu programa, a plantación de eucalipto. Nese senso referiuse ao eixo 8 do programa na que se indica que se o BNG está no goberno da Xunta “reducirá a superficie ocupada polo eucaliptos priorizando a súa eliminación nos seguintes ámbitos: os espazos naturais protexidos, as terras agrarias forestadas, os humidais, os bosques de ribeira e as bacías fluviais”.

As candidatas do Partido Popular tamén lle trasladaron á directiva da Asociación Provincial da Madeira importancia que terá para o sector a implantación de Altri en Palas de Rei subliñando que é prioritario “reivindicar ao Goberno de Pedro Sánchez que materialice o apoio a este proxecto”.

Crítica coas declaracións de Besteiro sobre Altri

Sobre esta cuestión e ao remate do encontro Candia fixo unhas declaracións amosando a súa preocupación con respecto ás afirmacións de Besteiro nas que di que os fondos europeos para iniciativas como a de Altri se dan por influencias. A popular acusa ao PSOE de recoñecer con estas palabras que “os fondos europeos se dan por influencia e que estas afirmacións son unha proba máis da política caciquil do besteirismo que practicou cando estaba no Concello así como na Presidencia da Deputación”.

Dende o PP tamén pediron claridade ao BNG logo de que entidades próximas manifestasen que están en contra do proxecto de Altri “en política forestal e no desenvolvemento deste sector estratéxico é onde mellor se ve quen son os do non, ou quen manda aos seus axentes electorais a pronunciarse en contra”. Acusou aambos formacións de falar de industrialización “cando teñen na súa man impulsar un proxecto que pode ser un revulsivo para Galicia, paralízano”.

 

0.096735000610352