O PP considera "insuficiente" o presuposto que dedicará o Goberno central ao mantemento da A-6 e N-VI

LugoXa
O Partido Popular considera “insuficiente” que o Goberno tan só destine ao mantemento da A-6 e da N-VI o 10 % (14,7 millóns) "do que precisa a autovía, e que ascende, segundo os cálculos establecidos pola consellería de Infraestruturas, aos 140 millóns de euros".
PP A 6
9 Mar 2024

O Partido Popular considera “insuficiente” que o Goberno tan só destine ao mantemento da A-6 e da N-VI o 10 % (14,7 millóns) "do que precisa a autovía, e que ascende, segundo os cálculos establecidos pola consellería de Infraestruturas, aos 140 millóns de euros".

Así o expuxeron este sábado a presidenta provincial, Elena Candia, deputados e senadores das dúas provincias que comunica esta vía de comunicación -Lugo e A Coruña-, ademais de alcaldes e voceiros do municipios lucenses polos que discorre.

Os populares amosáronse moi críticos co anuncio do Executivo estatal, tildándoo “de lavado de cara”, xa que, segundo destacou Candia, “a cantidade redúcese aínda máis se temos en conta que se trata dunha partida plurianual que conleva que as obras se dilaten polo menos tres anos”.

É por este motivo, polo que lle pide ao Goberno “que deixe de tratar a esta provincia e a Galicia como a cincenta de España porque o pasado día 18 quedou demostrado que os lucenses e os galegos apostamos polo que realmente funciona”.

Dende o PP piden ao Executivo de Sánchez “sensatez” e adiantan que nas Cortes Xerais reclamarán, novamente, que interveña na capa de rodaxe para garantir a seguridade nesta autovía esencial de conexión entre Galicia e a Meseta, con gran intensidade de tráfico, especialmente pesado, e que nos vindeiros días se verá incrementado coas vacacións de Semana Santa.

0.079644918441772