O PP critica “a falta de implicación" do Goberno local para que Lugo se adhira ao Sistema VioGén

LugoXa
Os populares queren saber en que situación está o expediente para sumarse ao sistema promovido polo goberno central para a protección das vítimas de violencia de xénero
concello-de-lugo
1 Xul 2024

Dende o Grupo Municipal do PP queren saber cando se vai adherir Lugo ao Sistema VioGén que protexe ás Victimas da Violencia de Xénero dende hai sete anos. Os populares queren saber en que situación está o expediente para sumarse ao sistema promovido polo goberno central no ano 2017 para a protección das vítimas.

Aseguran que, hai un ano, Goberno local, en resposta a preguntas do PP en comisión, dixo que tiñan o protocolo elaborado e segundo se recolle na acta do 20 de xullo de 2023  “trasladarllo á Xunta Local de Seguridade e que en breves, en cando se conformen os gobernos se fará. Tamén é necesaria unha reunión previa Concello, Subdelegación e Policía Nacional, ademais da Policia Local e o servizo de Igualdade do Concello para ratificar ese protocolo e ese convenio. Posteriormente hai que trasladalo a UFAM de Madrid para asinar o convenio e, polo tanto, estamos no proceso de instaurar o Viogén”

Enrique Rozas quere saber se se celebraron esas reunións ás que aludía o Goberno local lamentando “a falta de implicación neste asunto e as continuas desculpas coas que se escudan”. Unha delas aseguran, é a da falta de efectivos ao que o vicevocerio popular replica “senón hai policías para VioGén é porque non se cobren as prazas vacantes” sublimando que “na Relación de Postos de Traballo figuran 140 prazas para axentes indicando que na actualidade hai 117”.

Por último, os populares lembran como hai 2 acordos de pleno, de outubro de 2019 e outubro de 2020, nos que a instancias do PP a corporación de forma unánime apoiou unirse a este Sistema no que xa están dende hai anos o resto das grandes cidades de Galicia.

0.1243691444397