O PP critica a falta de seguridade vial na contorna dalgúns colexios

LugoXa
"É inaceptable que teñan gardado no caixón o proxecto para facer unha beirarrúa en Virxe da Soidade que permitiría acceder de forma segura ao Colexio das Gándaras", di
seguridade-vial-zona-as-gandaras
12 sep 2024

O Partido Popular denuncia a falta de interese do Goberno local en temas de seguridade vial. Un exemplo desta situación témolo na contorna do Colexio das Gándaras onde a veciñanza e o Grupo Popular leva anos reclamando unha beirarrúa nunha marxe da rúa Virxe da Soidade para evitar que o alumnado que vai a pé ao colexio poida camiñar con seguridade.

Precisamente esta foi unha petición que volveron a reiterar os veciños na reunión que mantivemos hai uns días no barrio dentro do programa de traballo de #EscoitaActiva que desenvolve o equipo popular

Dende o PP levamos anos solicitando esta intervención "o Concello manifestou en varias ocasións que dispón dun proxecto de urbanización de unha das marxes da rúa Virxe da Soedade e dotala dunha beirarrúa segura para o tránsito de peóns, pero de pouco vale que exista se está gardado un caixón”.

Dado a pasividade de PSOE e BNG presentaremos unha iniciativa no pleno para que se leve a cabo esta obra priorizando a seguridade vial en zonas escolares.

Javier Vázquez indicaba que “a falta de traballo e de previsión tamén se evidenciaba estes días na decisión que adoptou o goberno local de asfaltar rúas próximas aos colexios xusto un día antes do inicio do curso escolar en lugar de ter aproveitado o verán para facer estes traballos”.

0.2074248790741