O PP critica a inacción da Deputación de Lugo tras os danos causados pola borrasca Olivier no paseo do Rato

LugoXa
Acusan ao goberno provincial de non facer nada en seis semanas a pesar de anunciar un plan urxente
PP-Lugo-Paseo-rio-Rato
26 May 2025

O Partido Popular Provincial de Lugo, representado por Antonio Ameijide e Elena Candia, veñen de criticar a situación na que se atopa o paseo do río Rato tras os danos que sufriu pola borrasca Olivier o pasado 11 de abril.

Así, Ameijide lembra que o 15 de abril, tanto o presidente da Deputación como o alcalde de Lugo, ofreceron unha rolda de prensa no propio Paseo do Rato na que informaron que “porían todos os medios necesarios para recuperar este espazo verde, pero vanse cumprir 6 semanas dende que se deu esta situación e o goberno provincial non anunciou aínda ningunha actuación na zona para corrixir os danos, repoñendo os elementos precisos para garantir a seguridade dos usuarios e coidando o entorno co máximo respecto ao medio ambiente”, denunciou.

Ademais, os populares consideran unha "vergonza" que "tivera que vir unha tromba de auga para que José Tomé anunciase un plan de actuación para a mellora do río Rato e do seu entorno, así como o é anunciar un plan urxente e non facer nada en seis semanas”, sentenciou.

Por este motivo, dende o Grupo Provincial Popular preguntarán no pleno deste martes cando ten previsto o goberno provincial iniciar as actuacións de reparación e mellora do Paseo do Rato.

⚙ Configurar cookies
0.12228012084961