O PP critica a relación da Deputación de Lugo con Aspnais

LugoXa
Antonio Ameijide explica que “estamos moi preocupados pola actitude de Tomé ante os reiterados incumprimentos con Aspnais e coas entidades sociais”
visita_pp_aspnais
24 Ago 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular están moi preocupados ante a postura tomada por José Tomé con Aspnais, entidade social e sen ánimo de lucro, coa que semella “o presidente da Deputación quere confrontar, coa conivencia do BNG, que mira cara outro lado cun silencio cómplice”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica a situación actual entre a Deputación de Lugo e Aspnais. Esta entidade sen ánimo de lucro non estaba a realizar o mantemento de zonas verdes debido a un acordo tácito realizado entre a asociación e todos os anteriores presidentes socialistas da Deputación de Lugo, ata que Tomé chegou e sen sequera falar emendou os acordos anteriores con efectos retroactivos.

Coa chegada de José Tomé á presidencia da Deputación de Lugo dende a asociación se realizan unha serie de peticións de reunión co novo presidente para abordar diversos temas, entre eles o mantemento das zonas verdes, pero José Tomé, “nunha actitude que ninguén pode entender, decidiu non reunirse con eles nos cinco anos que leva na presidencia da Deputación” enviando a estas xuntanzas a deputados do equipo de goberno, cos que se chegaba a acordos que despois Tomé non respecta.

A cada unha destas xuntanzas José Tomé decidiu enviar a Pablo Rivera e a Pilar García Porto, reunións tralas cales a actuación da Deputación de Lugo non se correspondeu co falado nas mesmas. A realidade é que, segundo explican dende esta entidade, nunha desas xuntanzas, á que acudiu Pilar García Porto, asegurouse por parte da Deputación o acordo tácito sobre o mantemento das zonas verdes, mantendo estes traballo a cargo da Deputación “ata novo aviso por parte do ente provincial”.

Ese novo aviso foi o envío dunha factura para cobrar polo mantemento das zonas verdes dende o ano 2015. “Queren cobrar o seu e máis o de antes, anulando a palabra dada polos anteriores presidentes da Deputación nos seus mandatos no seu día”, denunciou.

Antonio Ameijide explica que “estamos moi preocupados pola actitude de Tomé ante os reiterados incumprimentos con Aspnais e coas entidades sociais”. “Tomé non respecta nin a palabra dos seus deputados nin a dos anteriores presidentes, vive nun absolutismo que o ten fora da realidade”.

Outro aspecto que “preocupa, e moito” é un encargo realizado por parte da Deputación de Lugo a Aspnais, hai máis de 5 anos e que nunca se chegou a recoller nin a pagar, a pesar de que dende a entidade social si cumpriron coa súa parte. Dende esta asociación explican que un dos encargos realizados por un funcionario da Deputación e un deputado do equipo de goberno “non se chegou a recoller nin a pagar” a pesar de que ascende a unha contía de 18.250 euros.

“Está claro que para unha entidade sen ánimo de lucro non cobrar unha factura de máis de 18.000 euros supón un dano moi elevado”, sinalou. “Non sabemos que lle pasa a José Tomé” pero a realidade é que é o primeiro presidente que non visita á entidade, “a pesar de ter invitación”, ao que hai que engadir que envía a representantes ás xuntanzas solicitadas pola asociación, así como que non convocou a comisión de seguimento dos acordos.

0.18613195419312