O PP critica que a empresa contratada para avarías de auga non soluciona as roturas

LugoXa
O PP critica que a empresa contratada para avarías de auga non soluciona as roturas e teña que ser o servizo municipal
suministro auga
suministro auga
8 Nov 2022

O PP de Lugo critica que "unha nova rotura nunha tubería de auga deixou patente a ineficacia da solución adoptada por Lara Méndez para poñer coto a este problema no horario que non están traballando os operarios municipais, de 20.00 a 08.00 horas e en fin de semana e festivos".

Segundo o grupo municioal "onte, a última hora da tarde, houbo unha rotura nunha tubería de auga na Avenida dos Deportes. Ante esta situación, os veciños chamaron á empresa que ten que solucionar a incidencia (sobre as 20.00 horas) sen que ningún operario aparecera no lugar ata as 01.30 horas. Unha vez no lugar, os operarios da empresa non souberon solucionar a incidencia nin cortar a auga, polo que tiveron que ser os operarios municipais os que a primeira hora de hoxe cortasen a auga e se puxesen a traballar para solucionar o problema".

Ante esta situación, os concelleiros populares preguntan a Lara Méndez “por que segue a pagar o contrato a esta empresa que non soluciona os problemas en lugar de reforzar a plantilla municipal para poder dar solucións inmediatas aos veciños afectados por estes problemas”.

0.1377809047699