O PP critica que o Goberno de Lugo non informou do ciberataque á oposición

LugoXa
O PP vén de tildar de “falta de lealdade institucional” do Goberno local non informar á oposición do ciberataque sufrido no día de onte.
RamónCarballo_CandidatoPPdeLugo_006
6 Maio 2022

O Partido Popular no Concello de Lugo, vén de tildar de “falta de lealdade institucional” do Goberno local non informar aos grupos con presenza na corporación do ciberataque sufrido pola administración local no día de onte. Os populares anunciaron que pedirán información ao Goberno sobre o alcance deste ciberataque.

Dende as filas populares lamentan “a falta de lealdade institucional por parte de Alcaldía á hora de comunicar o feito”. Lembran que, sendo o principal partido da oposición, “cando mesno debía terse posto en contacto con nós para trasladarnos a información sobre este suceso”.

Os populares aproveitan este momento para solicitar ao Goberno local que reforce e mellore a seguridade informática do Concello. “É certo que ninguén está libre de caer nas mans de piratas informáticos pero non entendemos cómo a alcaldesa non descolgou o teléfono para dar conta de onde estivo o burato de seguridade e se extraeron cartos dalgunha conta municipal”.

0.13365006446838