O PP da Fonsagrada denuncia que o Concello arranxa "os baches das estradas municipais con terra”

LugoXa
Os populares condenan “esta chapuza” porque “este material non é o apropiado para este tipo de reparacións”
bacheo-con-terra-en-estradas-municipais-da-Fonsagrada
13 Ago 2024

O PP da Fonsagrada denuncia que “o Goberno local do PSOE suba o imposto de vehículos de tracción mecánica, pero arranxe as fochancas das estradas municipais con terra”. Os populares condenan “esta chapuza” porque “este material non é o apropiado para este tipo de reparacións”.

O portavoz, Bernardo Niño, engade que “como calquera pode prever, coa chuvia a terra marchará e as estradas municipais continuarán co mesmo problema: numerosas fochancas en reparar”. Pero, ademais, advirte que “pode resultar perigoso para os vehículos ao tratarse dun material que non é o apropiado para a reparación do firme das estradas”.

Niño lembra que recentemente o equipo de goberno aprobou en pleno subir o impostos de circulación nun 50% e a pesar de recadar máis para as arcas municipais, decide aplicar terra para reparar as estradas do Concello”.

0.18845200538635