O PP de Becerreá presenta a súa candidatura para as eleccións de maio
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Becerreá, José Fernández Carrete, presenta a lista que encabezará para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio cunha candidatura renovada. Neste sentido, Carrete destaca a ilusión e as ganas de traballar do grupo que “está formado por persoas implicadas co proxecto e con Becerreá”. A lista está composta por xente con experiencia en distintos eidos que conxuga coas ideas que o candidato ten para o municipio.
O alcaldable aposta pola renovación a través de persoas “moi cualificadas e con moita vinculación co municipio pero tamén con xente que xa estivo na política municipal”. Neste sentido, Carrete alude ao número 6 da lista, Ramón Núñez Fontal, que foi primeiro tenente de alcalde durante a época do goberno do PP en Becerreá.
LISTA COMPLETA
A lista completa coa que a formación popular deste concello concorre ás eleccións municipais do 28 de maio é a seguinte:
Titulares:
- José Fernández Carrete – Bombeiro Forestal.
- Francisco Javier Fernández Fernández – Funcionario.
- Pascual Fernández García – Empresario.
- Raquel Fernández López – Enxeñeira técnica naval, axente de seguro e mestra de autoescola.
- Rocío Fernández Fernández – Empregada de cadea de alimentación.
- Ramón Núñez Fontal – Autónomo.
- Manuel González Vilela – Licenciado en ADE e membro do comité de dirección de NNXX na provincia de Lugo.
- Johanna Rodríguez Santín – Traballadora de incendios e estudante de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural en Becerreá.
- José Luis Gutiérrez Díaz – Bombeiro forestal.
- Paula Fernández Fernández – Administrativa.
- Miguel Ángel Cela González – Enxeñeiro superior de montes.
Suplentes:
- José Fernández Armada
- Gerardo Fernández Fernández
- Sonia Prados Gómez