O PP de Becerreá reivindica a apertura da residencia comarcal

LugoXa
O PP celebrou actos de campaña en Portomarín, Becerreá e Fonsagrada na xornada de onte arroupados por conselleiros de deputados
Candidato Becerreá PP
23 Nov 2023

O portavoz do PP de Becerreá, José Fernández Carrete,  amosa a súa sorpresa e indignación ante as declaracións do goberno da Deputación de Lugo en relación á residencia de Becerreá e anuncia que “reivindicamos a súa apertura”.

“É sorprendente que digan que non se axusta ao modelo de residencias provinciais unha vez rematado o edificio e tratándose dunha infraestrutura que fixo a propia Deputación de Lugo cun presidente da mesma cor política que o actual”, expón.

Para o portavoz popular “a residencia de maiores é moi importante tanto para Becerreá como para o resto da comarca: en primeiro lugar polo fin asistencial, algo moi necesario para os nosos maiores que necesitan e teñen dereito a el, e en segundo lugar, como elemento dinamizador da zona”.

Carrete subliña que “como portavoz pero, sobre todo, como veciño resúltame difícil entender que se manteña esta infraestrutura pechada”. E, polo tanto, insta á Deputación Provincial a facer as xestións precisas para proceder á apertura deste centro de atención a maiores de carácter comarcal porque “os cidadáns non teñen por que pagar as consecuencias dos cambios de criterio por parte do goberno provincial”.

0.19732999801636