O PP de Castroverde propón que as actuacións nas estradas se faga con aglomerado en quente

LugoXa
El PP de Castroverde propone que las actuaciones que se realizan en las carreteras provinciales se realicen con aglomerado en caliente.
Pista provincial sen rozar
7 Abr 2022

A maior parte das estradas do municipio de Castroverde que dependen do Concello están en mal estado. Así o sinala o portavoz popular, Rubén Otero, que sostén que o investimento efectuado nos últimos anos no mantemento da rede de estradas de titularidade municipal non dá o resultado desexable e propón que no futuro a pavimentación se leve a cabo con aglomerado en quente.

Otero sinala que, como denunciou o portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, a conxelación do importe do Plan Único 2022 repercutirá nunha menor capacidade adquisitiva dos concellos. “No caso de Castroverde, é grave en canto ao que se refire ao mantemento das estradas municipais, porque están moi deterioradas”. Engade: “O investimento efectuado nos últimos anos na conservación da rede municipal de estradas non deu o resultado desexable, entre outras cousas pola deficiente administración por parte do goberno que preside o socialista Arias”.

Para o portavoz municipal do PP, “a pouca duración dos amaños que se levaron a cabo, deixa claro que é preciso pavimentar as estradas municipais con aglomerado en quente, que é o que levan xa tempo facendo algúns dos concellos mellor xestionados na provincia”.

As deficiencias das vías que dependen do Concello de Castroverde non se refiren unicamente ao estado do pavimento. Otero explica que “a sinalización é escasa, por non dicir que é inexistente, e a pouca que hai está moi deteriorada”.

Otero di: “Os socialistas falan moito do reto demográfico, da necesidade de fixar poboación no rural. E eu digo que con estradas en mal estado non é posible que o municipio alcance ese obxectivo; ter boas infraestruturas viarias é condición necesaria e indispensable para fixar poboación”.

0.20740818977356