O PP de Cervantes celebra que a antena de Vilarnovo entrase en funcionamento

LugoXa
Estas infraestruturas foron impulsadas pola Xunta de Galicia a través da Amtega, “que unha vez máis amosa a súa implicación co rural e co benestar dos veciños de Cervantes"
Antena-cobertura-móbil-Vilarnovo-Cervantes
20 May 2025

O Partido Popular de Cervantes celebra que a mellora da cobertura móbil no municipio sexa xa unha realidade "grazas ás xestións iniciadas polo Grupo Municipal Popular en mandatos anteriores".

Así, din que, coa colaboración da Xunta de Galicia e "fronte á pasividade do goberno local e á inacción continuada do Executivo de Pedro Sánchez", conseguiuse que a antena de Vilarnovo entrou en funcionamento hai uns días, mentres que a de Donís farao nos próximos días e a de Xestoso leva xa dous meses operativa”, explica o voceiro popular, Óscar Fernández.

Estas infraestruturas foron impulsadas pola Xunta de Galicia a través da Amtega, “que unha vez máis amosa a súa implicación co rural e co benestar dos veciños de Cervantes, a pesar de que é o Goberno do Estado quen debería garantir a conectividade en todo o territorio”, sinala Fernández. É máis, pese a todos os seus anuncios, Cervantes é un dos concellos con menor cobertura de banda 5G.

O popular agradece á Xunta a súa disposición e compromiso e recoñece o traballo realizado polos concelleiros populares en anteriores mandatos, que tamén impulsaron esta reivindicación e traballaron para que esta mellora fose hoxe unha realidade.

Ademais, os senadores do Partido Popular presentaron unha iniciativa no Senado para instar ao Goberno central a mellorar a cobertura móbil e despregar a fibra óptica en toda a provincia de Lugo, especialmente na comarca da Montaña, onde as carencias son máis evidentes.

⚙ Configurar cookies
0.17711091041565