O PP de Cervantes esixe investigar trabas no rexistro de voluntarios en Protección Civil

LugoXa
Óscar Fernández rexistrou unha solicitude formal tras coñecer que o Concello está a impedir o rexistro de solicitudes de aspirantes a voluntarios
Óscar-Fernández-PP-co-escrito-no-Concello-de-Cervantes
16 Apr 2025

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Cervantes, Óscar Fernández, reclama ao alcalde a apertura de expedientes de investigación sobre o impedimento para rexistrar no Concello solicitudes de alta de voluntarios na Agrupación Local de Protección Civil e posibles discriminacións e irregularidades.

O popular vén de rexistrar unha solicitude formal dirixida ao rexedor tras ter coñecemento, a través de testemuñas de persoas afectadas, que o Concello está a impedir o rexistro de solicitudes de aspirantes a voluntarios.

Fernández esixe explicacións e responsabilidades ante o que considera “un feito de extraordinaria gravidade” toda vez que “vulnera tanto a propia lei de Bases de Réxime Local coma o regulamento da propia agrupación”.

O portavoz do PP no municipio, que lembra que a agrupación de voluntarios de Protección Civil depende do Concello, censura que “se permita esta posible discriminación” vulnerando o “principio de igualdade”.

⚙ Configurar cookies
0.1361939907074