O PP de Cervantes pide acceso aos expedientes dos asuntos que van a pleno

LugoXa
O voceiro popular, Óscar Fernández, sostén que o equipo de goberno socialista restrinxe o acceso telemático á documentación
FOTO-xuntanzas-Óscar-Fernándezz-PP-Cervantes-(1)
30 Dec 2024

O Partido Popular de Cervantes denuncia que o alcalde non lles dá acceso aos expedientes dos asuntos que van a pleno. “É unha situación que se repite dende o inicio da lexislatura: o equipo de goberno socialista restrinxe o acceso telemático á documentación dos asuntos a tratar nos plenos”, explica o voceiro popular, Óscar Fernández.

Os concelleiros populares aseguran que, tras ano e medio de realizar múltiples queixas á alcaldía e de poñer en coñecemento esta continúa problemática aos servizos de secretaría, “chegamos ao último pleno do ano, o dos Orzamentos para o 2025, sen poder acceder unha vez máis á documentación a través da sede electrónica, o que nos obrigou a abandonar o pleno”.

O Concello de Cervantes, como os demais concellos de Galicia, conta con esta plataforma para que, entre outras funcións, os concelleiros podan examinar de xeito telemático os asuntos que van a pleno en aras de lograr un aforro económico e da operatividade no traballo municipal.

“Dende o PP de Cervantes solicitamos ao equipo de goberno que deixe de entorpecer o noso traballo. Agardamos que así sexa”, finaliza Óscar Fernández.

0.17044496536255