O PP de Lugo aconsella a modificación da Ordenanza Municipal de Protección Ambiental

O Partido Popular presentará no Pleno do xoves unha proposta para modificar a Ordenanza Municipal de Protección Ambiental, co obxectivo de garantir unha maior protección para a veciñanza de instalacións como poderían ser as plantas de biogás.
Agora a proposta do PP céntrase na modificación do artigo 80 da ordenanza, relativo á produción de cheiros, que non recolle hoxe ningunha distancia mínima entre este tipo de instalacións e as vivendas.
“O máis sorprendente é que a ordenanza vixente é a mesma que deixou aprobada o PP no ano 1995. En 26 anos de goberno, PSOE e BNG non moveron unha folla. Non actualizaron nada”.
A iniciativa do PP solicita a apertura inmediata dun expediente de modificación da ordenanza, para actualizar o artigo 80 e incluír de forma clara distancias mínimas, baseándose nos principios de precaución, sustentabilidade e protección ambiental.
Os populares lembran que esta proposta dá cumprimento ao compromiso adquirido coas veciñas e veciños das parroquias lucenses, afectadas por un proxecto de planta de biometano que foi denegado pola Xunta. Nese senso, explican como o PP foi o primeiro en informar á veciñanza da exposición pública do proxecto o 8 de xuño de 2024; de que se axudou a facer alegacións; presentamos as nosas e lideramos unha iniciativa no Pleno o 27 de xuño. Nunca deixamos de traballar nin de estar ao seu carón”, puntualizan.