O PP de Lugo acusa a Alvarellos e Arroxo de vetalos na visita oficial ao auditorio de Magoi

LugoXa
O PP acusa a Alvarellos e Arroxo de vetar aos concelleiros do PP na visita oficial ao Auditorio de Magoi.
auditorio_de_magoi_lugo
5 Mar 2024

O PP acusa a Alvarellos e Arroxo de vetar aos concelleiros do PP na visita oficial ao Auditorio de Magoi. A oposición asegura que o paseo polo edificio foi “un paripé, xa que non se concretaron nin prazos de apertura nin modelo de xestión”. Ademais, aseguran que agora se explica o motivo polo que, “hai uns días, segaron toda a maleza da parcela para evitar a imaxe e abandono desta dotación”.

Dende o Grupo Popular lembran que se van cumprir 3 anos e nove meses dende que o bipartito ten as chaves do edificio e a estas alturas se confirma que “non teñen definido o modelo de xestión, descoñecen para que o van a utilizar, non saben cando se vai abrir e non existen informes do que custará o seu mantemento”. Neste sentido, consideran unha falta de respecto e de transparencia que socialistas e nacionalistas “veten a entrada aos concelleiros populares ao auditorio”, pese a que levan dende o pasado 10 de xaneiro solicitando visitar o edificio, aínda que “non contestaron á nosa solicitude polo que a reiteramos o pasado 14 de febreiro”.

Entenden a falta de resposta a estas peticións como silencio positivo polo que o vindeiro luns 14 de marzo realizarán, a partir das 10.30 horas, para visitar as instalación. “Esiximos que se defina de forma clara o modelo de xestión que se utilizará para o auditorio, que se establezan prazos concretos así como transparencia en todas as decisións relacionadas co auditorio”.

0.18818402290344