O PP de Lugo acusa ao PSOE e ao BNG de desmantelar a brigada de augas

LugoXa
O PP de Lugo presenta un escrito esixindo á alcaldesa que cumpra a sentenza e, de forma inmediata, resolva a situación do traballador do Concello encadeado.
enrique_rozas_pp_camaras_seguridade_lugo
9 Feb 2024

O PP de Lugo presenta un escrito esixindo á alcaldesa que cumpra a sentenza e, de forma inmediata, resolva a situación do traballador do Concello encadeado. Enrique Rozas explica que urxe darlle unha solución, no plano humano, a esta situación xa que “estamos falando dunha persoa que está de garda 24 horas dos sete días da semana, nin el ten vida nin a súa familia, afectando a súa saúde” polo que concluía que “Lugo necesita bos xestores e mellores persoas”.

Dende o PP apuntan á alcaldesa, responsable durante os últimos 4 anos de persoal, de contribuír a que se chegue a esta situación de desesperación e preguntan ao seu socio, o BNG, onde está a bandeira do progresismo e da defensa dos traballadores da que tanto presumen e defenden tralas pancartas. Os populares consideran unha vergoña que socialistas e nacionalistas estean de brazos cruzados diante dun caso onde unha persoa está sufrindo unha situación de desasosego, apelando “á humanidade e á empatía”.

Para eles, unha administración pública ten que dar exemplo aclarando que se atopan “sorprendidos porque un Goberno progresista, que presume tralas pancartas e que dá leccións de defender aos traballadores, deixe na estacada a este funcionario”. En canto á brigada de augas, dende o PP aseguran que reclaman dende hai tempo solucións inmediatas para a brigada de augas que “desmantelou o PSOE coa complicidade do BNG”.

En agosto o grupo popular advertiu que ía a caducar en novembro o contrato da empresa que se encarga de reparar as fugas polas noites, fins de semanas e festivos. Este contrato para reparar incidencias nas canalizacións de distribución de auga potable asinouse en outubro de 2020 e segundo o Goberno local “tratábase dunha medida provisional”. Aseguran que están a ver como o PSOE e o BNG continúan con este modelo “que se xustificou para un breve espazo de tempo” sen atender a nosa petición de que se reforce o persoal da brigada municipal de augas que o goberno progresista de Lugo desmantelou nos últimos mandatos, polo que “temos a calada por resposta”.

0.18084502220154