O PP de Lugo asegura que a Fábrica da Luz é un exemplo de “mala xestión” por parte do Concello

LugoXa
nin hipotequen ás xeracións futuras.
13 Maio 2024

nin hipotequen ás xeracións futuras. Elena Candia reitera que “iso é o ecoloxismo responsable e por iso, dende o PP, vémonos na obriga de revisar os proxectos que anuncia o PSOE e o BNG xa que a situación económica do Concello neste momento é moi preocupante tal e como certifica o crédito que veñen de pedir de 13 millóns de euros”.

Sinalan que a fábrica da luz, situada nun lugar privilexiado ao pé do Miño, é un exemplo de “mala xestión” de 25 anos de gobernos socialistas xa que “malgastaron diñeiro público na súa rehabilitación en varias ocasións, e fracasaron no intento de darlle un contido para o desfrute dos lucenses: hoxe o edificio está peor que nunca, desmantelado e vandalizado”.

Elena Candia analizou o protocolo, que a alcaldesa vén de asinar coa CHMS, indicando que “o documento é unha declaración de intencións, que non clarifica nada, e que chega con moitos anos de retraso”. Para os populares a situación na que se atopa a fábrica da luz supón “un reflexo de como xestiona o patrimonio municipal o PSOE e o BNG”. Primeiro, “gastan un millón de euros para arranxar o edificio; logo o regalan por un canon ridículo, por último, deixan pasar prazo da solicitude da prórroga e o concello acaba no xulgado condenado a pagar 2.5 millóns de euros de indemnización pola concesión errada”. A maiores aseguran que “levamos gastados dende marzo de 2022 e ata a actualidade 45.738 millóns de euros do alugueiro dunha nave no Corgo (1.694 euros mensuais) para gardar as dúas turbinas da fábrica da luz que custaron 700.000 euros”.

0.2241370677948