O PP de Lugo asegura que o Centro Interxeracional da Piringalla está infrautilizado

LugoXa
O PP de Lugo di que o Centro Interxeracional da Piringalla está infrautilizado.
centro_paco_martin_a_piringalla
9 Abr 2024

O PP de Lugo di que o Centro Interxeracional da Piringalla está infrautilizado. Gustavo Díaz considera “frustrante” que existan edificios sen uso algo, que para el é xa unha marca de identidade deste Goberno con outros exemplos como o Impulso Verde ou o novo Auditorio de Magoi.

Logo de visitar o centro Paco Martín, dende o PP demandan un plan para maximizar o uso deste inmoble con diversas propostas como poderían ser a organización de eventos, obradoiros, actividades culturais educativas e recreativas que sexan atractivas para diferentes grupos de persoas e idades. Os populares tamén suxiren establecer colaboración con diferentes colectivos involucrando á cidadanía para dar vida a este inmoble.

O Centro Paco Martín da Piringalla fíxose con fondos propios pero afirman que ninguén rendiu contas “a pesar dos sobrecustes (investiuse máis dun millón de Euros) e dos prazos incumpridos”. Para eles trátase dun edificio que é un exemplo indiscutible dunha xestión “deficiente” deste Goberno local: “Houbo múltiples retrasos, un custe excesivo con cambiosde contidos a golpe de eleccións”.

Recordan que o proxecto naceu como biblioteca e co compromiso de abrila en 2011, pero anunciouse logo como Centro Interxeracional coa data de inauguración de 2021. A súa apertura chegou en 2022 dende aquela pasou ano e medio e esta dotación, enclavada na Piringalla, está “totalmente infrautilizada”.

0.21440887451172