O PP de Lugo considera insuficientes as partidas orzamentarias para os servizos de recollida de animais

LugoXa
Este xoves Lugo acolleu o Pleno extraordinario para aprobar os orzamentos de 2024.
pp de lugo
1 Feb 2024

Este xoves Lugo acolleu o Pleno extraordinario para aprobar os orzamentos de 2024. O PP votou en contra de que se desestimen as alegacións que presentaron diferentes colectivos ás contas do Concello de Lugo.

A voceira popular dixo que a alcaldesa tiña este xoves a oportunidade de rectificar considerando un erro que se ratifique e ignore estas peticións de colectivos lucenses. Elena Candia entende que o Goberno local incumpre as súas obrigas legais ao rexeitar alegacións como a da Asociación de Empresarios do CEAO ou da Protectora.

"Tanto a renovación da rede de abastecemento como cumprir cos requisitos mínimos para prestar os servizos de recollida e acollida de animais abandonados que deben contar cos medios e instalacións axeitadas son competencia municipal e deberían ter partidas económicas suficientes tal e como establece a lexislación correspondente", aseguran dende o grupo municipal.

0.16375398635864