O PP de Lugo considera necesario poñer en práctica un plan antibotellón
O Grupo Popular súmanse á preocupación dos negocios que hai no casco histórico de Lugo logo dos altercados e das concentracións de persoas celebrando botellóns que se repiten nas últimas semanas reclamando “a Méndez e Arroxo que tomen as decisións que están na súa man para garantir a seguridade e para salvagardar a imaxe de Lugo”.
O voceiro do PP explicou que é preciso poñer en práctica un plan antibotellón municipal para dar unha solución inmediata a problemática que se está a vivir. Ramón Carballo avanzaba estas propostas nun momento onde o centro de Lugo vive unha colección de altercados “o que está xerando unha sensación de inseguridade entre a poboación en xeral”.
"A primeira medida é conseguir unha coordinación exquisita das forzas e corpos de seguridade de diferentes administración e, por iso, solicitamos hai unha semana que se reúna a xunta local de seguridade. De momento a alcaldesa non respondeu a esta petición que o único que supón é facer un mínimo oco na súa axenda". Así pois, engaden "mágoa que postpoña a seguridade polas fotos de actos propagandísticos”.
A segunda medida, según indican dende o Partido Popular, pasaría pola instalación de cámaras de videovixilancia na zona centro de Lugo así como noutros puntos onde se estime oportuno co ánimo de “maximizar a prevención, mellorar a seguridade das persoas e minimizar as consecuencias das agresións ao patrimonio”.
O popular cre que, cun sistema de videovixilancia, se proporcionaría máis seguridade ao entorno do recinto amurallado e isto beneficiaría ao pequeño comercio que, "nestes tempos, está asfixiado pola situación sanitaria que vivimos matizando que para o comercio local a confianza é o factor fundamental da súa existencia e para iso é necesario un entorno seguro”.
A terceira medida é unha vella demanda do Partido Popular e trátase de redactar unha normativa que regule, entre outras cuestións, o botellón. A ordenanza de convivencia debe ser un documento “razonable e consensuado cos grupos políticos e coa sociedade” remarcou Carballo. “O que non é de recibo é que a alcaldesa, que respaldou impulsar este documento, agora, esté atada ao ultimátum que lle deu o BNG baixo a ameaza de non apoiala políticamente. Vende a seguridade dos cidadáns e o seu benestar por un puñado de votos”, lamentou.