O PP de Lugo considera que o barrio da Milagrosa precisa un plan de dinamización

LugoXa
O grupo municipal popular reitera a necesidade de contar cunha oficina da policía local no barrio como primeiro paso no obxectivo de dotar de servizos, inversión e seguridade
PP-no-barrio-Milagrosa-de-Lugo
2 Dec 2024

O PP de Lugo considera que o barrio da Milagrosa precisa un plan de dinamización que abarque a rehabilitación, a inversión e a seguridade do barrio.

Os populares critican as declaracións de Ana Abelleira, que din "insisten nun discurso negacionista da realidade que contrasta claramente coas distintas postas en escea de rexeneración urbana prioritaria que leva facendo o bipartito dende hai máis dunha década".

Desde o PP din que "o primeiro que hai que facer para darlle solución a un problema e ser consciente de que existe. Sobre a situación de inseguridade que se está a vivir no barrio, queda claro que PSOE e Bloque carecen da empatía necesaria para entender a realidade do día a día dos veciños da Milagrosa", denuncian.

Así, sosteñen que "as promesas realizadas que non fructificaron, levaron a este barrio a ser unha zona degradada, sen servizos municipais e con necesidades de seguridade que levan tempo sen afrontarse con determinación".

O grupo municipal popular reitera a necesidade de contar cunha oficina da policía local no barrio como primeiro paso no obxectivo de dotar de servizos, inversión e seguridade a este senlleiro barrio da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.77837491035461