O PP de Lugo critica a negativa do Goberno local a comparecer sobre o conflicto da gardería Gregorio Sanz

LugoXa
Para os populares, esta actuación "é unha estratexia deliberada para desviar a atención e tapar a pésima xestión dun servizo municipal tan sensible como este"
Gardería-Gregorio-Sánz-Lugo
1 Dec 2024

Mar Carballas, do Partido Popular de Lugo pregúntase que ten que ocultar o Goberno local para vetar, por segunda vez no pleno, a comparecencia sobre o conflicto da gardería Gregorio Sanz.

Para os populares, esta actuación "é unha estratexia deliberada para desviar a atención e tapar a pésima xestión dun servizo municipal tan sensible como este, onde os principais afectados son os nenos".

A primeira foi en outubro, cando xustificaron o veto alegando que a comparecencia debía pasar por unha comisión informativa previa. Agora, despois de que fose incluída na orde do día do pleno, o goberno local volveu bloqueala.

Para Mar Carballas, "un goberno que veta unha comparecencia en pleno ten algo que ocultar. A negativa a comparecer é un feito grave que pon de manifesto a falta de compromiso coa transparencia xa que o pleno é o espazo idóneo para rendir contas ante a cidadanía", critica.

0.16379618644714