O PP de Lugo critica a posible privatización do servizo de recollida de animais abandonados
Tras a noticia de que o Concello de Lugo estuda privatizar a recollida de animais abandonados o Grupo Municipal do PP asegura que o “Goberno local dá as costas á Protectora xa que a recollida e o coidado de animais abandonados é unha competencia municipal”.
A concelleira popular Mar Carballas afirma que “no canto de agradecerlles o traballo que levan facendo anos, concretamente desde o ano 1982, desde o Goberno municipal “van a por eles”. Co anuncio de que se van a externalizar este servizo, “PSOE e BNG volven mostrar a súa nula sensibilidade co benestar animal ao ameazar a unha sociedade sen animo de lucro con que privatización do servizo”.
Os populares trasladan que desde a Protectora levan anos denunciando a situación das súas instalacións, e é o Seprona o que, tras facer unha exhaustiva inspección a pedimento da Fiscalia, pon de relevo o mesmo: a falta de espazo e dunhas instalacións adecuadas para os animais. Mar Carballas insiste en que “o problema é que faltan medios e que non teñen espazo para todos os animais que lles chegan a diario e están nunhas instalacións completamente obsoletas que non son adecuadas.