O PP de Lugo critica a xestión das cafeterías municipais
O PP lamenta que o Goberno local sexa incapaz de presentar as cafeterías municipais como un atractivo para os emprendedores A nova licitación, a cal non se presentou ninguén tal e como se reflicte na acta da mesa de contratación do 18 de xullo, saíu por 9.600 euros ao ano dando a opción ao adxudicatario de prestar o servizo durante un máximo de 10.
Tras coñecerse que vai quedar deserta e se terá que pechar a cafetería do CEI Nodus a concelleira popular Mar Carballas afirmaba que “é responsabilidade do PSOE e do BNG tomar medidas para reverter a situación de abandono de todos estes espazos, de titularidade pública, destinados ao desfrute da cidadanía”
A popular puxo de manifesto a importancia destas dotacións para activar as zonas onde se sitúan manifestando que “o Goberno local debería convertelos en espazos para xerar oportunidades de emprego e dinamización económica da cidade e máis en concreto dos barrios onde se localizan en vez de convertelas nun sexan un lastre para o concello”.
Tamén manifestaba que resulta chamativo o caso da cafetería panorámica do Vello Cárcere que sigue pechada tras quedar deserto o concurso ata en cinco ocasións o que apunta a que as condicións de explotación non resultan atractivas. Algo que sucede coas cafeterías dos centros sociais de Fingoi ou da Milagrosa que levan varios anos pechadas pese a que os usuarios reclaman este servizo. Recordan que neste momento das 9 cafeterías municipais só funcionan a do Parque de Rosalía; a das piscinas das Pedreiras e Frigsa.