O PP de Lugo critica "as prioridades de gasto do goberno local"

LugoXa
Mar Carballas cuestiona que o BNG pida esforzos extras aos lucenses "mentres o seu goberno segue a gastar sen control e sen establecer prioridades"
rede-auga-grifo
Auga
18 Xul 2024

A voceira popular Mar Carballas cuestiona as prioridades de gasto do goberno municipal ao detectar que partidas destinadas a diversos postos de traballo, entre eles o de oficial maquinista fontaneiro, foron destinadas ao pago de facturas do San Froilán.

Os populares critican que unhas festas dotadas con 757.000 euros precisen de cartos destinados a partidas de persoal.

Afirma que "unha cidade de 100.000 habitantes ten unha Brigada de Augas mal dotada de persoal e mal dimensionada o que ocasiona que as roturas e avarías tarden días e días en ser reparadas".

"Se a isto se lle suma que a licitación do servizo de reparación de avarías polas tardes e as fins de semana está paralizada, e que a rede de abastecemento de auga é moi anticuada (o que fai máis probable as avarías) volvemos a encontrarnos ante unha nova mostra da pésima xestión do goberno local en todos os ámbitos, especialmente nos esenciais para os veciños, como pode ser o abastecemento de auga potable", explica.

0.19920516014099