O PP de Lugo critica o deterioro da rúa Alexandre Bóveda e acusa o goberno local de desleixo

LugoXa
Os populares denuncian que a zona leva meses sen mantemento malia as reclamacións veciñais e ás iniciativas presentadas desde xaneiro
obras-Alexandre-Bóveda-Lugo
15 Jul 2025

O Partido Popular de Lugo lamenta o estado de abandono no que, segundo denuncian, se atopa a rúa Alexandre Bóveda á altura do número 16, logo de meses sen actuacións a pesar das queixas dos residentes e das propostas impulsadas polo grupo municipal popular desde comezos de ano.

A formación sostén que as obras anunciadas recentemente non poden xustificar que a zona continúe en mal estado durante meses e subliña que o executivo bipartito leva anos sen dar unha solución definitiva aos problemas coa canalización da auga.

Actualmente mantense, explican, un bypass polo exterior dos edificios afectados polas roturas, unha medida que cualifican de provisional e insuficiente, pois non resolve o problema estrutural.

Desde o PP local consideran esta situación un exemplo máis da “falta de interese” coa que, din, PSOE e BNG están a xestionar Lugo, con moitas promesas e anuncios de actuacións, pero con problemas que se prolongan de forma innecesaria para os veciños durante meses e mesmo anos.

⚙ Configurar cookies
0.20592403411865