O PP de Lugo critica que a Escola Municipal de Música siga sen abrir as súas portas

LugoXa
O grupo popular recordou as declaracións da alcaldesa, que afirmou que, unha vez incorporado o novo director, se impulsaría tanto a Escola Municipal de Música como a Banda
Escola-Municipal-de-Música-de-Lugo
7 Feb 2025

O Partido Popular de Lugo critica que a Escola Municipal de Música da cidade segue sen abrir as súas portas, a pesar de que 300 estudantes se matricularon para este curso.

O grupo popular recordou as declaracións da alcaldesa, que afirmou que, unha vez incorporado o novo director, se impulsaría tanto a Escola Municipal de Música como a Banda. Os populares afirman que, ou a alcaldesa non se enterou da situación do servizo, ou está mentindo.

O concelleiro do PP lembrou que, o pasado 16 de outubro, o Concello de Lugo aseguraba que o curso non comezaría debido a que se atopaba en trámite a renovación da Xunta Directiva, e que, unha vez nomeada, estableceríanse o organigrama docente e a data de inicio das clases. Con todo, catro meses despois, as aulas seguen vacías.

"A Escola Municipal de Música non pode seguir pechada mentres o goberno local segue mirando para outro lado", concluíron.

0.14824199676514