O PP de Lugo critica que o Goberno local non queira dar explicacións sobre o conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz
O PP de Lugo pregúntase que ocultan PSOE e BNG para vetar a comparecencia de Alvarellos no pleno para explicar o conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz.
A edil do PP, Mar Carballas, explica que a petición que fixemos "foi co ánimo de tranquilizar ás familias dos nenos que utilizan este servizo, lamentando que a negativa de socialistas e nacionalistas a incluír na orde do día do pleno ordinario do xoves este asunto”.
Así, di que "perden unha oportunidade para exercer o liderado que ten o goberno a responder ás 22 preguntas da comparecencia sobre o funcionamento dun servizo que afectou durante dúas semanas a varias familias lucenses. É insultante que se neguen a dar explicacións cando o lóxico sería que non tiveramos nin que pedir esta comparecencia”, matizou a concelleira.
Carballas cualificaba de "hipócrita" a Alvarellos e Arroxo, porque "piden fóra o que non dan na casa”, en alusión a que o día anterior á manifestación dos pais e nais da gardería Gregorio Sanz, si atoparon o tempo necesario para participar nunha protesta contra outra administración”.
Para o PP, o veto da comparecencia responde á “unha actitude de secretismo que caracteriza a xestión deste goberno local, que oculta á cidadanía aspectos da súa xestión en lugar de afrontalos de maneira aberta e transparente”.
A maiores desta situación, os populares cren que se debe aclarar, porque en vez de cubrir as baixas da gardería, tirando da bolsa de emprego, "decidiron recorrer a unha contratación, por urxencia, dunha empresa privada".