O PP de Lugo critica que se retrasen os itinerarios escolares do Concello

LugoXa
O Bloque, din, "fixo unha aposta mediática para presentar unha iniciativa coma a dos itinerarios escolares seguros, que non se corresponde co servizo que prestou"
Javier-Vázquez-PP-Lugo
12 Nov 2024

Para o concelleiro do grupo municipal popular, Javier Vázquez, o anuncio de que os itinerarios escolares seguros está a retrasarse este curso por falta de diñeiro, "é un intento de xustificar perante a cidadanía o expolio fiscal que veñen de aprobar Alvarellos e Arroxo no Concello e o que están a preparar para o próximo ano".

O Bloque, din, "fixo unha aposta mediática para presentar unha iniciativa coma a dos itinerarios escolares seguros, que non se corresponde co servizo que prestou, do mesmo xeito que fai coa Escola de Música, que segue a estar publicitada aínda que non empezou as clases", denuncia.

E critican que Rubén Arroxo entregue o mando da consellería de Educación á responsable da área de Cultura, así como denuncia que o parque infantil López Mella segue "a deteriorarse pola incapacidade do BNG de cubrir a praza do encargado que se xubilou en 2022".

0.20034885406494