O PP de Lugo cuestiona a falta de avances do aparcadoiro da Capela do Carme

LugoXa
Os populares cuestionan a falta de avances no proxecto do aparcadoiro da Capela do Carme e piden máis implicación de socialistas e nacionalistas para poñer en valor esta zona situada ao pé da Muralla.
pp_lugo
12 Mar 2024

Os populares cuestionan a falta de avances no proxecto do aparcadoiro da Capela do Carme e piden máis implicación de socialistas e nacionalistas para poñer en valor esta zona situada ao pé da Muralla. Lembran que en febreiro de 2023 o Goberno local anunciou que habilitarían 40 prazas nuns terreos situados na parte de atrás da igrexa logo de subscribir un convenio coa Cofraría da Virxe do Carme que cedeu, por un período de catro anos ampliable a un máis, uns terreos situados en Poeta Noriega Varela

Dende o Grupo Popular lamentan que este fose un anuncio máis. “Repiten promesas pero non hai un traballo detrás para materializalas”. Por este motivo, nas vindeiras comisións preguntará por esta cuestión: “Queremos coñecer cando se van iniciar as obras para acondicionar a parcela e crear as 40 prazas de aparcamento así como o orzamento que se vai destinar a esta intervención”

Os populares anuncian esta batería de preguntas logo de manter unha reunión coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, con representantes do Bispado e da Confraría da Nosa Señora do Carmen onde expuxeron as principais necesidades que presenta a capela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19768095016479