O PP de Lugo cuestiona a transparencia do Concello tras a toma de posesión da nova xefa de Arquitectura

LugoXa
Recriminan que Paula Alvarellos esqueza dicir que “este posto estratéxico cúbreo como consecuencia dunha obriga legal"
Toma-posesión-Arquitecta-municipal-Patricia-Vázquez
2 Ago 2024

Despois da toma de posesión de Patricia Vázquez Mille como nova xefa de Arquitectura do Concello de Lugo, os populares lamentan á alcaldesa que “a cobertura desta praza por esta profesional non é motivo de orgullo senón o resultado dunha sentenza xudicial firme que obriga ao concello a rectificar tras un proceso de selección que considerou irregular”.

Recriminan que Paula Alvarellos esqueza dicir que “este posto estratéxico cúbreo como consecuencia dunha obriga legal para executar unha sentenza firme que obriga a alcaldesa a recoñecer os seus dereitos tras un proceso no que se constatou que se fixeron informes a medida e interpretacións arbitrarias para excluír do procedemento a esta candidata”.

En resumo “este posto estratéxico na administración municipal cóbrese por imposición legal que responde á necesidade de executar unha sentenza xudicial o que pon en entredito, unha vez máis a transparencia e a xustiza nos procesos de selección e contratación no Concello de Lugo”.

0.19181895256042