O PP de Lugo culpa ao PSOE e ao BNG de adxudicar máis dun millón de euros en contratos menores

LugoXa
A concelleira popular Mar Carballas salientou que “a improvisación e a dependencia dos contratos menores é un indicador de mala xestión"
concello-de-lugo
2 Xul 2024

O PP di que PSOE e BNG abusan de contratos menores sen publicidade asegurando que preto de 1,3 millóns de euros foron adxudicados “a dedo en 4 meses do 2024”. A concelleira popular Mar Carballas salientou que “a improvisación e a dependencia dos contratos menores é un indicador de mala xestión, que compromete a calidade dos servizos e obras municipais xa que non se buscan as mellores ofertas a través de procesos competitivos”.

Urxe, así, “unha xestión transparente e equitativa”, xa que “a adxudicación directa que fomentan socialistas e nacionalistas favorece unicamente o nepotismo, por non dicir a contratación de amigos”. Explica que en catro meses deste ano os nacionalistas e socialistas repartiron 1.264.830,56 euros en 246 contratos menores sen publicidade “un mecanismo que debería ser excepcional no Concello de Lugo é unha práctica habitual”, salientando que “pagaron en 2024 unha media diaria de case 10.000 euros mediante esta fórmula”

Mar Carballas denunciaba que esta forma de contratar “exclúe a moitas empresas”, engadindo que “este abuso pon en risco a transparencia e a equidade nas adxudicacións” e instou ao goberno local a “que se planifiquen e anticipen as contratacións para evitar o abuso deste mecanismo”. Os populares tamén denuncia que se seguen fraccionando contratos menores para evitar que as empresas teñan que pasar por un proceso de concorrencia competitiva, impedido os principios de igualdade de trato e non discriminación.

0.2122049331665