O PP de Lugo denuncia a falta de transparencia do Concello por non presentarlles a factura de 1.5 millóns de Urbaser

LugoXa
O PP acusa de oscurantismo ao Goberno local por non facilitar documentación dunha factura de 1.
30 Abr 2024

O PP acusa de oscurantismo ao Goberno local por non facilitar documentación dunha factura de 1.5 millóns de euros de Urbaser. A concelleira popular Mar Carballas recrimina que socialistas e nacionalistas “leven 7 meses sen publicar os contratos menores que asinan de forma recorrente incumprindo a Lei de Transparencia” e urxe a que “actualicen o portal municipal”.

A formación política denuncia que o bipartito de Lugo incumpre a Lei da Transparencia xa que “leva dende setembro de 2023 sen publicar os contratos menores na páxina web do portal de transparencia do Concello de Lugo”. Mar Carballas explicaba que os últimos documentos que aparecen corresponden ao mes de setembro cando teñen a obriga de colgar os contratos menores trimestralmente.

“Ao Concello de Lugo aínda ten moito camiño que percorrer para adaptar a Lei da transparencia as súas rutinas”, engadindo que “é outra materia máis que ten pendente o bipartito xa que de forma recorrente incumpren a lei por non actualizar estes documentos en tempo e forma”. En setembro o PP presentou un rogo para que se corrixise esta situación.

Para eles unha das últimas mostras é a factura de 1.5 millóns de euros a Urbaser por servizos prestados en 2022, sobre a que reclamaron por rexistro o expediente completo que incluía o informe de medio ambiente,  Tamén se solicitan todas as facturas emitidas por Urbaser mentres foi a adxudicataria do servizo de limpeza pero, segundo aseguran, non tiveron aínda acceso á mesma.

0.22192001342773