O PP de Lugo denuncia o "estado de abandono" no que se atopan os museos municipais

LugoXa
Realizaron uns vídeos cos que queren "poñer luz sobre o deterioro que sofren estes espazos"
agustin-fernandez-chequeo-museos
3 Jun 2025

"Os museos municipais de Lugo, que deberan ser unha fiestra ao noso pasado e un orgullo da cidade, atópanse nun estado de abandono que preocupa, avergoña e compromete a seguridade tanto de traballadores como de visitantes", así o asegura o Partido Popular lugués.

Debido a isto percorreron, un por un todos os centros da rede museística, e presentaron a través dunha serie de vídeos que están compartindo nas redes sociais do Grupo Popular, "a situación real destas instalacións culturais".

"Con esta iniciativa queremos poñer luz sobre o deterioro que sofren estes espazos. O Grupo Popular leva moito tempo denunciando esta situación e propoñendo unha revisión técnica integral dos equipamentos culturais e un plan de mantemento preventivo serio e calendarizado", din.

O concelleiro Agustín Gallego afirma que “investir no mantemento dos museos é investir na cultura de Lugo” e mostra o chequeo do estado na Casa dos Mosaicos e no Centro Aqueolóxico de San Roque.

⚙ Configurar cookies
0.44668316841125