O PP de Lugo denuncia o perigo que supón para os lucenses o blandón de Garabolos

LugoXa
El PP de Lugo denuncia el peligro que supone para los lucenses el blandón localizado en la rotonda de Garabolos.
Blandón Garabolos
14 Mar 2022

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo poñen de manifesto, unha vez máis, “a incapacidade do goberno local para arranxar os problemas diarios dos lucenses”, poñendo o foco nun blandón que hai na rotonda de Garabolos, xa denunciado o pasado mes de decembro, e que agora aumentou poñendo en serio risco a seguridade viaria.

Os concelleiros populares sinalan que dende o goberno local, lonxe de poñer unha solución ao problema, o que fixeron foi deixar que o blandón medrara sen control e poñer catro vallas e un cono. “En lugar de poñerse a traballar para dar coa orixe do problema, que pode ser unha fuga de auga subterránea, o que fan e poñer unhas vallas á espera de que se afunda de todo e apareza un cráter na rotonda”, lamentan.

Para os populares a desidia do goberno local é moi cuestionable, sobre todo ao ter en conta que por este punto pasan miles de vehículos ao longo do día, provocando evidentes dificultades á condución, polo que urxe o arranxo deste blandón.

0.1463770866394