O PP de Lugo denuncia que as dependencias onde están non reúnen as condicións de seguridade

LugoXa
O Partido Popular pide á alcaldesa que ceda o uso do local contiguo ás súas dependencias e, onde ata hai uns días, estaba o persoal do programa da estratexia EDUSI.
reunion_pp_lugo
5 Abr 2024

O Partido Popular pide á alcaldesa que ceda o uso do local contiguo ás súas dependencias e, onde ata hai uns días, estaba o persoal do programa da estratexia EDUSI. Os populares xa reclamaron a principios de mandato que se lles cedese un espazo anexo que se usa como almacén de Cultura pero denegóuselles a pesar de que son 15 as persoas que teñen que realizar o seu traballo nunhas dependencias cun tamaño moi reducido e que están deterioradas (paredes con gretas, salas sen ventilación …).

Esta solicitude do Partido Popular vén avalada por un informe do Servizo de Riscos laborais do Concello que “tras estudar os espazos de traballo do persoal municipal e os concelleiros conclúese que “se obtiveron valores fose do rango establecido legalmente pola superficie libre por traballador”. O viceportavoz popular afirma que “é imperativo contar cun espazo adecuado para desenvolver o traballo e espera que a alcaldesa atenda esta petición xa que non se entendería a negativa do PSOE e BNG en ofrecer espazos dignos para que traballadores e concelleiros desenvolvan o seu traballo.

Enrique Rozas manifestou “é inaceptable que uns partidos políticos que presumen de defender o dereito dos traballadores permitan esta situación” incidindo en que “nin tan sequera temos wifi, nin espazo para organizar a documentación que se xera”, lembrando tamén que “se nos negan utilizar a sala de prensa do Edificio de Novas Tecnoloxías” para roldas de prensa ou reunións con colectivos. “Esquécense de que o PP ten 12 concelleiros fronte ao 5 BNG e 8 do PSOE”.

0.20117521286011