O PP de Lugo denuncia que o auditorio Fuxan os Ventos leva todo o verán pechado

O Partido Popular de Lugo denunciou que o auditorio Fuxan os Ventos, inaugurado en decembro de 2024 tras máis de 20 millóns de euros de investimento, permanece pechado durante todo o verán. O concelleiro Javier Vázquez sinala que “a última actuación foi en maio e a próxima, se non hai cambios, non será ata o 20 de setembro”.
Desde o PP esixen a aprobación urxente dunha ordenanza específica de uso que garanta criterios claros e públicos para a programación e cesión do espazo. Os populares critican que, a pesar de que administracións e colectivos culturais solicitaron utilizar o auditorio, non recibiron resposta do goberno local, o que evidencia “a falta de vontade de abrir este equipamento á cidadanía”.
Vázquez afirma que “Lugo merece un auditorio aberto, activo e accesible. Lugo merece cultura con maiúsculas, non propaganda encuberta nin instalacións pechadas por interese político”.