O PP de Lugo denuncia un retraso “intencionado” por parte do Concello na apertura da residencia

LugoXa
Sosteñen que o retraso “intencionado” na apertura só pode responder a dúas cuestións: ao descoñecemento da normativa ou á mala fe para retrasala
residencia-fundacion-amancio-ortega-maiores
12 Xul 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular reitera que o Goberno local “cando rectifica acerta” e unha vez máis o pon de manifesto ao permitir a apertura da nova residencia da terceira idade ao considerarse “emendadas as deficiencias observadas no informe técnico municipal para a primeira ocupación da edificación”. “Un papeliño” que ten que ver coa seguridade de todos pero que non é condicionante para a obtención da licencia de primeira ocupación, que estaba a impedir a apertura desta nova instalación, tan necesaria para moitas persoas dependentes ou que precisan dunha praza para poder sobrelevar as súas enfermidades ou simplemente para vivir a súa vellez cunha boa calidade, sosteñen.

Este retraso “intencionado”, aseguran, na apertura só pode responder a dúas cuestións, ao descoñecemento da normativa ou á mala fe para retrasar a apertura, esta última opción resulta realmente preocupante, máis nunha administración local que ten na súa obriga velar polos servizos para a veciñanza.

 

0.17941904067993